Información legal

Política de privacidade

Dereito de información

Para os efectos do disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016 (RXPD), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase a persoa usuaria da existencia dun tratamento automatizado de datos de carácter persoal creado por COMA COMUNICACIÓN CREATIVA, S. COOP. GALEGA, e baixo a súa responsabilidade, cos datos persoais que nos puidese facilitar durante a navegación polo noso sitio web, xa sexa no momento do seu rexistro ou cando nos remita unha mensaxe de correo electrónico.

Responsable do tratamento

  • Denominación social: COMA COMUNICACIÓN CREATIVA, S. COOP. GALEGA
  • NIF: F70525332
  • Domicilio social: Rúa Ramón y Cajal, 19, 5º, 15006 A Coruña
  • Teléfono: 610 997 743
  • Correo electrónico para efectos de comunicación: admin@coma.gal

Finalidade do tratamento

Indicámoslle que a finalidade do tratamento dos seus datos é a descrita en cada un dos formularios establecidos na páxina web nos que vostede nos facilita os seus datos.

Lexitimación

Artigo 6.1.a) do RXPD: a persoa interesada deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Conservación e tratamento dos datos

Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa solicitude, sempre e cando non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de supresión, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais e atender as posibles responsabilidades que puidesen derivar do cumprimento da finalidade para a que se recadaron os datos. En caso de ser necesario, COMA COMUNICACIÓN CREATIVA, S. COOP. GALEGA cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos ou incompletos, ou cando deixen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos co fin de poder fidelizar a relación entre as partes.

Os datos facilitados non se cederán a terceiros, agás nos casos en que exista unha obriga legal.

COMA COMUNICACIÓN CREATIVA, S. COOP. GALEGA non elaborará ningún tipo de «perfil» con base na información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas con base en perfís.

De acordo co que establece o artigo 21 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, solicitaremos o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos que poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.

Vostede ten dereito a opoñerse ao tratamento dos datos indicados anteriormente e/ou a retirar o consentimento, se é o caso, en calquera momento, sen que isto afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada, mediante notificación ao responsable do tratamento no enderezo ou enderezos indicados.

Medidas técnicas e organizativas

COMA COMUNICACIÓN CREATIVA, S. COOP. GALEGA adopta as medidas técnicas, controis e procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico, razoablemente fiables e efectivos, orientados a preservar a integridade e a seguridade dos seus datos e a garantir a súa privacidade. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e perdas derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros da persoa usuaria.

Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais recibiu formación e coñece as súas obrigas en relación cos tratamentos de datos persoais.

Nos contratos que subscribimos cos nosos provedores incluímos cláusulas nas que se lles esixe manter o deber de segredo respecto aos datos de carácter persoal aos que tivesen acceso en virtude do encargo realizado, así como implantar as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, a integridade, a dispoñibilidade e a resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento dos datos persoais.

Todas estas medidas de seguridade revísanse de forma periódica para garantir a súa adecuación e efectividade.

Porén, a seguridade absoluta non se pode garantir e non existe ningún sistema de seguridade que sexa impenetrable, polo que, no caso de que calquera información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha violación da seguridade, tomaremos as medidas axeitadas para investigar o incidente e notificalo á autoridade de control e, se é o caso, ás persoas usuarias que se puidesen ver afectadas, para que tomen as medidas oportunas.

Dereitos

A persoa usuaria poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade dos datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsable do tratamento no enderezo mencionado anteriormente ou por correo electrónico a admin@coma.gal, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control en materia de protección de datos competente, que é a Axencia Española de Protección de Datos, e cuxos datos de contacto están accesibles na sede electrónica da AEPD.