Non cremos nas receitas máxicas nin nos paquetes pechados
Cada proxecto é distinto, e por iso o noso traballo tamén o é.
Escoitamos, preguntamos, propoñemos e construímos xuntas. A comunicación non é só o que se di, senón como e para que se fai.


01
Pensar antes de facer
Estratexia de comunicación, definición de mensaxes, públicos e obxectivos.
Para proxectos que necesitan parar, ordenar e decidir como contarse.
02
Contar o que é
Gabinete de prensa, contidos, textos web, relato corporativo.
Axudamos a dicir as cousas sen disfraces nin frases baleiras.
03
Darlles forma ás ideas
Deseño gráfico, identidade visual, materiais impresos e dixitais.
Deseño ao servizo da mensaxe, non ao revés.
04
Estar na rede con sentido
Deseño e desenvolvemento web, SEO, arquitectura de contidos.
Webs coidadas, accesibles e pensadas para durar.
05
Construír comunidade
Redes sociais, contidos dixitais, campañas.
Menos ruído, máis coherencia.
Tes algo en mente?
Falemos.
Se cres que podemos axudarte, escríbenos.
E se non o temos claro, avisamos.