COMA comunicación creativa · A Coruña

Coma pode axudar
a unha nova cooperativa
a contar mellor a súa historia

Acompañamos proxectos que queren comunicar con sentido. Estratexia, contidos, deseño e web desde a colaboración, o coidado e a creatividade.

01 — Quen somos

Somos unha cooperativa de comunicación creativa

E iso non é só unha forma xurídica: é un xeito de traballar.

Traballamos en equipo, desde o coidado mutuo, a escoita e a responsabilidade. Escollemos proxectos cos que compartimos valores e cos que podemos construír relacións a longo prazo.

02 — Como traballamos

Non cremos nas receitas máxicas nin nos paquetes pechados.

Cada proxecto é distinto, e por iso o noso traballo tamén o é. Escoitamos, preguntamos, propoñemos e construímos xuntas.

Pensar antes de facer

Estratexia, mensaxes, públicos e obxectivos.

Contar o que é

Gabinete de prensa, contidos e relato.

Darlles forma ás ideas

Deseño gráfico e identidade visual.

Estar na rede con sentido

Webs coidadas, accesibles e pensadas para durar.

Construír comunidade

Redes, contidos dixitais e campañas.

04 — As nosas redes

Traballamos en rede,
non sabemos doutro xeito

O traballo en rede e colaborativo é un dos nosos sinais de identidade. Formamos parte e colaboramos activamente coas redes da nosa contorna que procuran a transformación e traballan a prol da economía social e solidaria.

Tes algo en mente?
Falemos.

Se cres que podemos axudarte, escríbenos.
E se non o temos claro, tranqui, que preguntaremos.