Coma é unha cooperativa de comunicación creativa
E iso non é só unha forma xurídica:
é un xeito de traballar
Traballamos en equipo, desde o coidado mutuo, a escoita e a responsabilidade. Escollemos proxectos cos que compartimos valores e cos que podemos construír relacións a longo prazo.
Cremos na comunicación como ferramenta cultural, social e política. Por iso tentamos facer ben as cousas, e facelas con sentido.
Un equipo diverso, cun xeito común de facer
Coma está formada por un equipo multidisciplinar de profesionais da comunicación, con experiencia nos ámbitos da definición estratéxica, o deseño, o desenvolvemento web, o gabinete de prensa e a comunicación dixital.
Todas as persoas que conforman o equipo son socias-traballadoras da cooperativa e desenvolven as súas funcións de xeito estable, o que nos permite implicarnos a longo prazo nos proxectos e ofrecer un acompañamento integral, próximo e coidado.

Marta Paz
Desenvolvemento web · Acompañamento dixital
Traballa no desenvolvemento web desde unha perspectiva técnica e creativa, con especial atención á accesibilidade, á funcionalidade e á sostibilidade dos proxectos dixitais.
En Coma encárgase de que as webs funcionen ben, sexan fáciles de manter e estean pensadas para crecer co tempo.

Lucía Pita
Gabinete de prensa · Comunicación cultural
Xornalista de formación, traballa acompañando proxectos culturais e sociais a pensar como contarse, a ordenar mensaxes e a falar cos medios sen perder a súa voz propia.
En Coma encárgase da relación cos medios e de que cada mensaxe teña sentido, contexto e percorrido.

Carlos Lorenzo
Deseño gráfico · Identidade visual
Deseñador gráfico e visual. Gústalle facer deseño que se entende, que comunica e que non necesita explicacións de máis.
En Coma encárgase de dar forma ás ideas, traducindo mensaxes en linguaxe visual e coidando cada detalle para que o deseño acompañe, e non estorbe, o que se quere contar.

Christian Sellés
Gabinete de prensa · Xestión de medios
Xornalista cunha longa traxectoria na comunicación social, coñece ben os tempos, as dinámicas e as esixencias dos medios, e sabe como traducir proxectos complexos en historias comprensibles e relevantes. Interésalle especialmente a comunicación que constrúe relato, que conecta co contexto e que pon o foco nas persoas.
En Coma coordina procesos e axuda a que as ideas cheguen claras a quen teñen que chegar.

Diego Jiménez
Estratexia · Desenvolvemento técnico
Vén do ámbito das políticas públicas, a cooperación e a educación para a transformación social. Afeito a traballar con proxectos diversos, achega unha mirada estratéxica que axuda a ordenar, priorizar e tomar decisións.
En Coma coordina estratexias integrais de comunicación e procesos de colaboración, conectando ideas, persoas e obxectivos.
Tes algo en mente?
Falemos.
Se cres que podemos axudarte, escríbenos.
E se non o temos claro, avisamos.





