Promoción das librarías independentes de Galicia

O proxecto
A Federación de Librarías é a entidade na que se organizan as librarías independentes de Galicia, para a defensa dos seus intereses, a promoción do mundo do libro e a defensa do sector.
Camiñamos ao seu carón desde 2023: redeseñamos o seu logo -acadando un premio internacional- e a súa identidade gráfica, e organizamos con elas campañas de comunicación, como Persoas vs Algoritmos, Rebélate!, Libros contra o Xenocidio ou as diferentes campañas de Nadal. A maiores, xestionamos a súa comunidade online e levamos o deseño e a comunicación integral das Feiras do Libro de Galicia (o logo tamén é noso ;)), o maior evento literario do país, que se celebra cada verao en 13 cidades e vilas de todo o país.
Como amantes dos libros que somos, imaxinade a ledicia quie nos produce traballar neste proxecto!










