← Todos os proxectos

Un cartel para as Festas da Ascensión

Ano

2022

Acompañamento

O proxecto

Un cartel tan literal que a letra I decidiu subir ao ceo compostelán. E o xurado do premio CLAP aplaudiuno.

As Festas da Ascensión son, despois das do Apóstolo, as máis grandes de Santiago de Compostela. En 2022 volvían tras dous anos de parón pola pandemia e en Compostela había moitas ganas de festa (coma sempre, tamén é verdade).

O Concello encargounos o cartel e decidimos tomar o nome das festas ao pé da letra. Literalmente. No noso cartel, a letra I da palabra «Ascensión» desprégase e emprende a súa propia ascensión cara aos ceos composteláns, deixando tras de si unha estela de festa. Unha idea sinxela, directa e cun punto de humor, que funcionaba igual de ben pegada nunha marquesina que nunha pantalla de móbil.

E parece que non fomos os únicos aos que nos fixo graza. O cartel recibiu un CLAP Platinum 2022 ao mellor anuncio ou campaña en vía pública nos Premios Internacionais de Deseño CLAP, que recoñecen o mellor deseño de España e Iberoamérica. A letra I subiu ao ceo… e nós subimos ao podio.