Comunicación integral para A Coruña Convention Bureau (ACCB)
Entidade
A Coruña Convention Bureau
Ano
2020 – 2026
Acompañamento
- Deseño
- |
- Estratexia
- |
- Prensa
- |
- Redes sociales
- |
- Web

O proxecto
A Coruña Convention Bureau (ACCB) é a entidade que promove a cidade como destino de congresos, reunións, incentivos e eventos profesionais (o chamado turismo MICE). Xunta baixo unha mesma marca institucións, hoteis, sedes e empresas de servizos para atraer encontros nacionais e internacionais a unha cidade que mira ao Atlántico.
A colaboración comezou en 2020, da man da Asociación de Hospedaxe da Coruña (Hospeco), co encargo de mellorar o posicionamento da cidade no sector. O primeiro foi construír o relato: «Un océano de encontros», unha cidade onde caben a Torre de Hércules, Picasso, Inditex, Estrella Galicia e tamén os barrios e o paseo marítimo máis longo de Europa. Sobre esa idea fixemos a web do ACCB, que permite planificar un evento por sedes, aloxamento, servizos e gastronomía
Máis tarde chegaron a revista-catálogo de socios en castelán e inglés, que actualizamos cada ano, a Guía MICE, a presentación institucional, o boletín para profesionais e unha serie de vídeos promocionais da cidade, como o de «Volve á Coruña», que recupera a oferta da cidade como centro de eventos após do peche da pandemia.
Seguimos a acompañar ao ACCB no mantemento da web e na renovación anual dos seus materiais. Seguimos a contar a nosa cidade ao mundo e axudar a que cada vez máis xente decida reunirse aquí.






