Difusión da economía social galega
Ano
2021 – actualidade
Acompañamento

O proxecto
EspazoCoop integra as cooperativas galegas co obxectivo de agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os seus intereses. Traballa tamén para difundir o modelo cooperativo e a economía social e solidaria.
Desde 2021 traballamos coa entidade para cumprir con estes obxectivos, desenvolvendo diferentes campañas e proxectos de comunicación, creando materiais e, sobre todo, acompañando a súa comunicación en medios.
Como cooperativa e entidade socia de EspazoCoop, esta responsabilidade de comunicación é tamén unha mostra do noso compromiso coa economía social e solidaria.

















