← Todos os proxectos

Web e tenda online para Virus Editorial

Ano

2024 – actualidade

Acompañamento

Virus Destacada

O proxecto

Virus é un proxecto cooperativo e asembleario de edición e distribución de pensamento crítico que, desde 1991, camiña ao carón dos movementos sociais. Ademais de editar o seu propio catálogo, distribúe máis de 120 editoriais, vende libros en liña e acaba de abrir tenda física en Barcelona.

O reto era xuntar esas tres actividades (editorial, distribuidora e libraría) nunha soa web, sen que unha tapase as outras. Deseñamos e desenvolvemos un sitio en WordPress con tenda WooCommerce onde conviven o catálogo propio e o das editoriais distribuídas. Ten un acceso específico para librarías, fichas de libro con información das autoras e autores, axenda, noticias e un «arquivo vírico» que recolle presentacións, entrevistas e outros materiais de cada título. A web funciona en castelán e catalán e está pensada para consultala e mercar tamén desde o móbil.

Seguimos acompañando a Virus no mantemento da web e na súa evolución, activando novas funcionalidades en función das súas necesidades… e estamos felices de colaborar cun proxecto deste potencial transformador.