← Todos os proxectos

Campañas polos dereitos das persoas refuxiadas

Ano

2018 – 2025

Acompañamento

O proxecto

CEAR traballa desde 1979 polas persoas refuxiadas, apátridas e migradas en situación de vulnerabilidad para que vexan recoñecidos e respectados os seus dereitos.

Acompañamos diferentes proxectos da entidade desde 2018, dirixidos a sensibilizar e incidir para que as persoas migradas e demandantes de asilo poidan exercer os seus dereitos. Neste marco, desenvolvemos campañas contra a discriminación por razón de identidade sexual, polo exercicio do dereito á vivenda para todas e mesmo colaboramos na creación dunha plataforma formativa para a aprendizaxe da lingua española para persoas nadas noutros países.

En Coma consideramos estes proxectos coma o cerne da nosa acción comunicativa, porque realmente pensamos que a comunicación pode (e debe) cambiar o mundo.